jueves, 10 de septiembre de 2009

Mirando para o '10


Unha vez rematado e mirando dende a distancia, que é como mellor se poden apreciar as cousas, estamos diante dunha valoración sumamente positiva deste primeiro Luou On Festival.

Dende a organización sabemos que tivemos fallos, pero prometemos que para o L.o.F. '10 traballaremos a reo para enmendar os erros. Foi o primeiro ano que organizamos algo destas características e o éxito de asistencia desbordou un pouco as previsións, sobre todo en barra. Agradecemos a comprensión d@s asistentes.

Queremos darvos tamen as grazas a tod@s @s asistentes pola boa noite que pasamos, e agardamos que para vós tamen fora unha experiencia positiva ou canto menos que o pasarades de ..... ;-P

E eso si, idevos preparando para o próximo verán, porque volveremos a dalo todo para que por unha noite Luou sexa o referente galego da música electrónica.

E non quero pechar esta entrada sen agradecer dende a A.C. A Mámoa a tod@s @s que nos axudaron a que este proxecto se fixera realidade:

-Concello de Teo, por ser o colaborador oficial do evento.
-SónaR Pub, por axudarnos a organizar todo este barullo.
-Galaxia Disco-Movil, por alugar os equipos de luz e son.
-Ós dous Grafiteros que deixaron o escenario impresionante.
-Mención especial para José Manuel Couto, por demasiadas cousas.
-Ás casas de bebidas, Estrella Galicia, Coca-Cola e Pernod Ricard.
-Ó equipo de TillLate.com por inmortalizar parte dos mellores momentos do L.o.F.
-E como non a todos os Dj's que fixeron de Luou por unha noite o centro da movida electrónica da bisbarra e aforas.
-E en resumo a tod@s @s que nos axudaron a que fora un exitazo.
GRAZAS!!!

Reportaxe gráfico do evento --> http://es.tilllate.com/es/event/9506691

Deica o ano!!!!