miércoles, 29 de julio de 2009

Promo Radio L.o.F. '09

Deixovos aquí o anuncio en audio do L.o.F. '09 que para a semana que ven, comezará a sair en radio.



Agardo que sexa do voso agrado.

viernes, 17 de julio de 2009

Pechado o cartel de Artistas para o L.o.F.

Onte pola tarde pechamos definitivamente o cartel de actuacións para o primeiro L.o.F.
Os xa coñecidos por tod@s e anunciados anteriormente sumamos duas novas incorporacións:

-Dj Federato


Un dos Dj's máis prometedores da actual escena house galega. Nacido en Uruguay pero adoptado en 2005 pola nosa terra ^:^
Actualmente residente dos venres en Discoteca El Bosque (Cercebre) e dos sabados en Barmacia (Santa Comba)
Ultimamente estase introducindo no mundo da producción con temas como "Tangozando". De feito reservase unha das suas novas produccións, "Iviata Omului", para presentala en exclusiva no noso festival.
Se queredes ver unha pequena mostra de como se "move" en cabina botadelle un ollo a sua canle en youtube


-Manu López



Coñecido para o gran público sobre todo pola sua extensa faceta como Radio-Jockey en diversas emisoras, sobre todo polo seu "Son Latino" en Radio Líder.
Tamen atesoura unha extensa traxectoria polas cabinas ao longo e ancho do noso país, destacando entre outras unha das suas derradeiras residencias en Discoteca Dona-Dana (Touro)
Será o encargado de abrilo festival cunha sesión latina chea dos sons que faran as delicias d@s mais bailóns/as.

E ata aquí chega o que será o L.o.F. (salvo as sorpresas que poidan aparecer), só nos queda agardar ó 14 de Agosto para disfrutar con todos estes artistas, que darán o mellor que levan dentro para que pasedes unha noite inolvidable chea de baile e sensacións positivas ^:^

sábado, 11 de julio de 2009

Xa se pode escoitar online o programa nº34 de Frecuencia de Baile

A partir de hoxe xa podedes escoitar online o programa especial de Frecuencia de Baile en Radio Ordes (107.3) que fixo JaS conmigo o pasado sabado 4 de xullo, para facer a presentación en sociedade do noso Festival, e aparte xa aprobeitando a ocasión falar de moitos temas de actualidade e presentar un novo tema en exclusiva para tod@s vós, merece a pena escoitalo (digovolo eu) ;-P

martes, 7 de julio de 2009

Novas incorporacións ó cartaz!!!!

Hola a tod@s!!!
Como avanzamos o sabado na entrevista que nos fxeron en Radio Ordes, dentro do programa Frecuencia de Baile, podemos case avanzar o total do cartaz....eso si, ainda nos gardamos algunha sorpresa máis!!!
Polo que tamen contaremos coa presencia de:


- Miguel Fons



Dj, Locutor e Productor da Capital Galega, con un curriculum que asombra a calquera, e que nos ocuparía medio blog, asique invitamosvos a que lle botedes un ollo ó seu space se vos queredes abraiar.
Ultimamente está destacando polas suas sesións, cheas de vitalidade, festa, e moita boa música, un verdadeiro espectáculo no escenario.
Tamen destaca polas suas produccións musicais, entre outras Abracadabra xunto a Dj Freaker ou o famoso Nada que temer coa catalana Ivette nas vocales, todas colgadas no seu space para deleite do persoal.
Descargas gratuitas:

- Miguel Fons & Dj Freaker - Abracadabra
- Miguel Fons feat Ivette - Nada que temer

Recomendación desde a Organización do Festival...Non vos perdades o espectáculo FonS.


- Miguel Lueiro




Dj de Luou, o único que xoga na casa. Residente entre outros de DupleX Santiago, a Cervecería ou actualmente no SónaR Pub.
Nas suas sesións normalmente predominan os sonidos House e R&B, ainda que non desbota ningún estilo con tal de facer disfrutar á xente.
Se o queredes ver en acción non deixedes de visitar esta páxina


Seguiremos informando!!!! Achégase a data " I L.O.F." ;-P

viernes, 3 de julio de 2009

Este sabado entrevista en Frecuencia de Baile (Radio Ordes 107.3)



Este sabado faremola presentación en sociedade do noso festival nobel no programa de Radio Ordes Frecuencia de Baile, asi que xa sabedes este sabado a partir das 20:00 horas tedes unha cita con JaS e conmigo, Miguel Lueiro, no 107.3 do voso dial e tamen teredes a opción de escoitalo a traves da rede dende a páxina do propio programa Frecuencia de Baile.
De todas formas se non podedes escoitalo polo motivo que sexa, para a semana intentaremos telo colgado para que tod@s @s que desexedes podades escoitalo.
Seguimos informando ;-)