miércoles, 28 de julio de 2010

Luou ON Festival '10

Hola a tod@s!
Por fin temos o Festival deste ano pechado ^_^ A verdade é que esta segunda edición costounos un pouco máis por mor da dichosa crise, pero dende a Organización agardamos que todo sexa do voso agrado e poidamos contar ca vosa presencia o vindeiro venres 06 de Agosto no Campo da Festa de Luou.
Antes de nada tamén queremos agradecer especialmente ó Concello de Teo, a Palladium Melide, a Mika Produccións e a Ron Brugal, a sua colaboración neste evento, posto que sen eles non sería posible.

O cartaz de artistas queda configurado da seguinte maneira:

Marcos Magán


Un dos Dj’s e Locutores máis coñecidos de toda Galicia. Actualmente emite para diversas emisoras estatais o seu radio show Made in Dj, aparte de estar como Director de Programación de Radio Líder. Residente na Discoteca máis importante do centro de Galicia, Palladium Melide.


Web Myspace Palladium Radio Lider



Miguel Fons


Dj e Productor da capital galega. Innumerables son os eventos e locais nos que actuou, incluída a súa actual residencia nos venres de Dilema (Silleda). Últimamente está máis adicado as suas produccións musicais, destacando entre elas “Moon” e “Ru Power” incluída no selo S.A.S. de John Acquaviva. Tamén está traballando en algunha remezcla para o mítico selo Blanco y Negro Music.

MySpace Facebook Web



Federato Feat. Yhadira

Xoven promesa do Latin-House galego cunha ampla experiencia no panorama galego, destacando as suas actuales residencias en El Bosque (Coruña) e Barmacia (Santa Comba).
Presenta o seu novo “Live Set” xunto ca preciosa voz de Yhadira, interpretando temas como o hit “Sueño Contigo” que saldrá en breves en “Blanco y Negro Music”.



MySpace Federato MySpace Federato & Yhadira Canle de YouTube



Miguel Lueiro

Dj e locutor de radio. Actual residente do SónaR Pub en Compostela e Director e Presentador do programa de radio Entre Lusco e Fusco en Radio Ordes. Ainda que últimamente está máis encamiñado ós sons Pop ou Indie, é un amante das liñas máis elegantes e comerciais do House as cales usará neste festival para diversión do persoal.


MySpace Facebook Web Twitter



Juanchi Dj


Mítico Dj das noites galegas. Ás suas costas leva actuacións por toda a nosa xeografía.
Actualmente está tomando un descanso por motivos personais, pero non dubidará en sacar o mellor da súa maleta a relucir para deleite de todos os asistentes.
Destacan entre outras salas o seu paso por Barmacia (Santa Comba & Ordes), Gavá Boiro, Armería Santiago, por citar algunhas.



Agardamos que todo esto que vos presentamos sexa completamente do voso agrado ;-) E só nos queda decirvos...vemonos o venres 6 de agosto bailando en Luou!!!!! ^_^

miércoles, 9 de junio de 2010

Xa temos data para o L.O.F. '10

Hola a tod@s!!!!
Comezamos a soltar novas con respecto ó festival deste ano ... a data para a celebración do evento será o venres 6 de Agosto de 2010 ...
En próximas datas iremos avanzando máis novedades con respecto a todo o que vos estamos preparando este ano ... intentaremos deixarvos ca boca aberta!!!! ;-)
Seguimos traballando para conseguir unha noite inolvidable ^_^