jueves, 10 de septiembre de 2009

Mirando para o '10


Unha vez rematado e mirando dende a distancia, que é como mellor se poden apreciar as cousas, estamos diante dunha valoración sumamente positiva deste primeiro Luou On Festival.

Dende a organización sabemos que tivemos fallos, pero prometemos que para o L.o.F. '10 traballaremos a reo para enmendar os erros. Foi o primeiro ano que organizamos algo destas características e o éxito de asistencia desbordou un pouco as previsións, sobre todo en barra. Agradecemos a comprensión d@s asistentes.

Queremos darvos tamen as grazas a tod@s @s asistentes pola boa noite que pasamos, e agardamos que para vós tamen fora unha experiencia positiva ou canto menos que o pasarades de ..... ;-P

E eso si, idevos preparando para o próximo verán, porque volveremos a dalo todo para que por unha noite Luou sexa o referente galego da música electrónica.

E non quero pechar esta entrada sen agradecer dende a A.C. A Mámoa a tod@s @s que nos axudaron a que este proxecto se fixera realidade:

-Concello de Teo, por ser o colaborador oficial do evento.
-SónaR Pub, por axudarnos a organizar todo este barullo.
-Galaxia Disco-Movil, por alugar os equipos de luz e son.
-Ós dous Grafiteros que deixaron o escenario impresionante.
-Mención especial para José Manuel Couto, por demasiadas cousas.
-Ás casas de bebidas, Estrella Galicia, Coca-Cola e Pernod Ricard.
-Ó equipo de TillLate.com por inmortalizar parte dos mellores momentos do L.o.F.
-E como non a todos os Dj's que fixeron de Luou por unha noite o centro da movida electrónica da bisbarra e aforas.
-E en resumo a tod@s @s que nos axudaron a que fora un exitazo.
GRAZAS!!!

Reportaxe gráfico do evento --> http://es.tilllate.com/es/event/9506691

Deica o ano!!!!

martes, 4 de agosto de 2009

Cartel definitivo para o Luou On Festival '09



Xa se achega a data para o Luou On Festival '09, deixovos aquí o cartaz definitivo :

-Manu López - Latin (Santiago DC)
Abrirá a noite cos sons + latinos
-Dj Son1c - Dance (A Coruña)
Presentando o seu hit "A festa non vai parar"
-Luís Vázquez & Sergio Rodríguez - House (Moaña)
Creadores de "Zenaida" incluído no recopilatorio Ibiza 09
-Miguel Fons - House (Santiago DC)
Residente Barmacia (Ordes) - Housearth Records
-Zana Dj - Remember (Santiago DC)
Residente "Disco DyR" (Touro)
-Dj Federato - House (A Coruña)
Presentando en exclusiva a sua nova producción "Iviata Omului"
-Miguel Lueiro - House (Luou)
Residente "SónaR Pub" (Santiado DC)

Datos de interese: Entrada libre, zona acondicionada para aparcadero, copas a 3 € (*)(o que eran 500 pesetas...^:^)

(*)excepto mesturas con Red Bull ou similares ou Reservas ou Importacións.

miércoles, 29 de julio de 2009

Promo Radio L.o.F. '09

Deixovos aquí o anuncio en audio do L.o.F. '09 que para a semana que ven, comezará a sair en radio.



Agardo que sexa do voso agrado.

viernes, 17 de julio de 2009

Pechado o cartel de Artistas para o L.o.F.

Onte pola tarde pechamos definitivamente o cartel de actuacións para o primeiro L.o.F.
Os xa coñecidos por tod@s e anunciados anteriormente sumamos duas novas incorporacións:

-Dj Federato


Un dos Dj's máis prometedores da actual escena house galega. Nacido en Uruguay pero adoptado en 2005 pola nosa terra ^:^
Actualmente residente dos venres en Discoteca El Bosque (Cercebre) e dos sabados en Barmacia (Santa Comba)
Ultimamente estase introducindo no mundo da producción con temas como "Tangozando". De feito reservase unha das suas novas produccións, "Iviata Omului", para presentala en exclusiva no noso festival.
Se queredes ver unha pequena mostra de como se "move" en cabina botadelle un ollo a sua canle en youtube


-Manu López



Coñecido para o gran público sobre todo pola sua extensa faceta como Radio-Jockey en diversas emisoras, sobre todo polo seu "Son Latino" en Radio Líder.
Tamen atesoura unha extensa traxectoria polas cabinas ao longo e ancho do noso país, destacando entre outras unha das suas derradeiras residencias en Discoteca Dona-Dana (Touro)
Será o encargado de abrilo festival cunha sesión latina chea dos sons que faran as delicias d@s mais bailóns/as.

E ata aquí chega o que será o L.o.F. (salvo as sorpresas que poidan aparecer), só nos queda agardar ó 14 de Agosto para disfrutar con todos estes artistas, que darán o mellor que levan dentro para que pasedes unha noite inolvidable chea de baile e sensacións positivas ^:^

sábado, 11 de julio de 2009

Xa se pode escoitar online o programa nº34 de Frecuencia de Baile

A partir de hoxe xa podedes escoitar online o programa especial de Frecuencia de Baile en Radio Ordes (107.3) que fixo JaS conmigo o pasado sabado 4 de xullo, para facer a presentación en sociedade do noso Festival, e aparte xa aprobeitando a ocasión falar de moitos temas de actualidade e presentar un novo tema en exclusiva para tod@s vós, merece a pena escoitalo (digovolo eu) ;-P

martes, 7 de julio de 2009

Novas incorporacións ó cartaz!!!!

Hola a tod@s!!!
Como avanzamos o sabado na entrevista que nos fxeron en Radio Ordes, dentro do programa Frecuencia de Baile, podemos case avanzar o total do cartaz....eso si, ainda nos gardamos algunha sorpresa máis!!!
Polo que tamen contaremos coa presencia de:


- Miguel Fons



Dj, Locutor e Productor da Capital Galega, con un curriculum que asombra a calquera, e que nos ocuparía medio blog, asique invitamosvos a que lle botedes un ollo ó seu space se vos queredes abraiar.
Ultimamente está destacando polas suas sesións, cheas de vitalidade, festa, e moita boa música, un verdadeiro espectáculo no escenario.
Tamen destaca polas suas produccións musicais, entre outras Abracadabra xunto a Dj Freaker ou o famoso Nada que temer coa catalana Ivette nas vocales, todas colgadas no seu space para deleite do persoal.
Descargas gratuitas:

- Miguel Fons & Dj Freaker - Abracadabra
- Miguel Fons feat Ivette - Nada que temer

Recomendación desde a Organización do Festival...Non vos perdades o espectáculo FonS.


- Miguel Lueiro




Dj de Luou, o único que xoga na casa. Residente entre outros de DupleX Santiago, a Cervecería ou actualmente no SónaR Pub.
Nas suas sesións normalmente predominan os sonidos House e R&B, ainda que non desbota ningún estilo con tal de facer disfrutar á xente.
Se o queredes ver en acción non deixedes de visitar esta páxina


Seguiremos informando!!!! Achégase a data " I L.O.F." ;-P

viernes, 3 de julio de 2009

Este sabado entrevista en Frecuencia de Baile (Radio Ordes 107.3)



Este sabado faremola presentación en sociedade do noso festival nobel no programa de Radio Ordes Frecuencia de Baile, asi que xa sabedes este sabado a partir das 20:00 horas tedes unha cita con JaS e conmigo, Miguel Lueiro, no 107.3 do voso dial e tamen teredes a opción de escoitalo a traves da rede dende a páxina do propio programa Frecuencia de Baile.
De todas formas se non podedes escoitalo polo motivo que sexa, para a semana intentaremos telo colgado para que tod@s @s que desexedes podades escoitalo.
Seguimos informando ;-)

martes, 16 de junio de 2009

Primeiras confirmacións de Dj's Invitados

Hola a tod@s!!!
Como o prometido é debeda, vamos a ir informando dos primeiros confirmados para o Festival:

-Dj Son1c


O referente máis importante do actual sonido dance galego. Creador dos hits "Fall in love" e "A Festa non vai parar" (primeira canción dance en galego). Aparte está a punto de lanzar o seu novo traballo ó mercado ....
Coñecido tamén polo seu programa de radio "Dance Party" en Loca Fm.
Actualmente combina a xira do seu espectáculo "Dance Party Sessions" coa sua faceta como Dj Residente da Sala Tattoo (A Estrada).

A Festa non vai parar (descarga)

Preparadevos para a festa!!!!


-Luis Vazquez & Sergio Rodriguez


Dous dos Dj's e productores máis prometedores de toda Galicia, están ante o ano da sua consagración no panorama estatal. Recentemente sacaron ó mercado o seu primeiro traballo "Esto es un sueño" (a venda nás páxinas máis importantes do panorama, Beatport e Juno). E de cara ó verán chegan cun dos pelotazos deste 2009, Zenaida, tema que se apurou a firmar Vale Music para o seu Ibiza 2009.
Aparte de estos temas teñen moitisimos proxectos máis en marcha, só tedes que botarlle un ollo ós seus myspace para comprobar como reparten ritmo esta parella de Moaña.


- Zana Dj (Pablo Bascoy)



Un clásico das cabinas galegas, entre outras Pub Pirata(A Estrada), Discoteca Nicol's(A Estrada), Pub Papaluz(Ordes), Pub Up&Down (Ordes), Pub Cómplices (Sigüeiro), Discoteca Neo (Melide), Disco Statick(Touro).... e actualmente residente da Sala DyR en Touro.
Tamén coñecido por moitos polo seu programa de radio "Loca History" en Loca Fm.
En Luou será o encargado de levarnos a tod@s a outros tempos cunha sesión Remember que non deixará indifente a ningún d@s asistentes.


E esto non fixo máis que comezar!!!! En vindeiras datas aparecerán novas confirmacións para rematar completando un auténtico cartelazo para que a noite do 14 de Agosto sexa unha noite UNICA.

jueves, 4 de junio de 2009

Comezamos....

Hola e benvid@s a tod@s!!!
Estamos traballando para dentro de moi pouco tempo podervos ir avanzando algúns dos nomes que pasarán polo escenario que montaremos no lugar da Igrexa en Luou (habitual campo da festa) - Teo.
Idevos preparando para un dos festivales que máis dará que falar este verán ;-P