Xa se pode escoitar online o programa nº34 de Frecuencia de Baile
A partir de hoxe xa podedes escoitar online o programa especial de Frecuencia de Baile en Radio Ordes (107.3) que fixo JaS conmigo o pasado sabado 4 de xullo, para facer a presentación en sociedade do noso Festival, e aparte xa aprobeitando a ocasión falar de moitos temas de actualidade e presentar un novo tema en exclusiva para tod@s vós, merece a pena escoitalo (digovolo eu) ;-P
É unha iniciativa que nace no ano 2009 dende a A.C. A Mámoa, ca intención de crear un evento de música electrónica no Concello. Evento ata daquela descoñecido polas nosas terras. A acollida do público no primeiro ano foi magnifica e isto animou a Organización a neste 2010 intentar dar un salto cuantitativo e cualitativo. Dende a Organización agardamos que todos os traballos que estamos levando a cabo desemboquen nunha auténtica noite inolvidable para todos vós. Se calquer dúbida, pregunta ou suxerencia tedes, non tedes máis que posteala neste blog ou poñervos en contacto na dirección de correo abaixo indicada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario