viernes, 17 de julio de 2009

Pechado o cartel de Artistas para o L.o.F.

Onte pola tarde pechamos definitivamente o cartel de actuacións para o primeiro L.o.F.
Os xa coñecidos por tod@s e anunciados anteriormente sumamos duas novas incorporacións:

-Dj Federato


Un dos Dj's máis prometedores da actual escena house galega. Nacido en Uruguay pero adoptado en 2005 pola nosa terra ^:^
Actualmente residente dos venres en Discoteca El Bosque (Cercebre) e dos sabados en Barmacia (Santa Comba)
Ultimamente estase introducindo no mundo da producción con temas como "Tangozando". De feito reservase unha das suas novas produccións, "Iviata Omului", para presentala en exclusiva no noso festival.
Se queredes ver unha pequena mostra de como se "move" en cabina botadelle un ollo a sua canle en youtube


-Manu López



Coñecido para o gran público sobre todo pola sua extensa faceta como Radio-Jockey en diversas emisoras, sobre todo polo seu "Son Latino" en Radio Líder.
Tamen atesoura unha extensa traxectoria polas cabinas ao longo e ancho do noso país, destacando entre outras unha das suas derradeiras residencias en Discoteca Dona-Dana (Touro)
Será o encargado de abrilo festival cunha sesión latina chea dos sons que faran as delicias d@s mais bailóns/as.

E ata aquí chega o que será o L.o.F. (salvo as sorpresas que poidan aparecer), só nos queda agardar ó 14 de Agosto para disfrutar con todos estes artistas, que darán o mellor que levan dentro para que pasedes unha noite inolvidable chea de baile e sensacións positivas ^:^

No hay comentarios:

Publicar un comentario